O Club Breogán do Grove regresou á competición ao grande.
Esta fin de semana, o Complexo Deportivo David Cal, situado no encoro de Pontillón do Castro en Verducido, foi o escenario da primeira competición post Covid-19.
Nesta ocasión, a Federación Galega de Piragüismo preparou unha regata para as categorías de base na que participaron os clubs da provincia de Pontevedra.
Para unha mellor adaptación á nova normalidade, a competición dividiuse en dúas xornadas de mañá e tarde, na que os asistentes tiveron que cumprir coas normas establecidas no protocolo de competicións que aprobou a Xunta de Galicia a semana pasada.
Nunha xornada na que a boa climatoloxía acompañou aos deportistas, o Club Breogán do Grove impúxose na clasificación xeral por equipos ao sumar 7496 puntos, acompañáronlle o podio en segunda lugar o Club de Mar Ría de Aldán con 6264 puntos, mentres que o Club Náutico Ribadumia ocupou a terceira posición con 5173 puntos.
A primeira saída da xornada sería para os homes Prebenxamín onde as tres primeiras posicións ocupáronas Lucas Caride (Ría de Aldan), seguido por Samuel Diogo (Piragüismo Olívico) e Andrés Busto (As Torres).
Na clasificación feminina, a vencedora foi Lea Míguez (Piragüismo Vilaboa), mentres que Lucía Rodríguez (Náutico O Muiño) foi segunda e a súa compañeira de equipo Carolina Fernández terceira.
Os seguintes en participar foi a categoría masculina Benxamín, categoría na que levou a medalla de ouro Lucas Díaz (Piragüismo Olívico), a prata foi para Hugo Fernández (Piragüismo Olívico) e o bronce levouno Cibrán Dacosta (Ría de Aldán).
Pola súa banda, Lucía Macedo (Kayak Tudense) gañou a proba feminina por diante de Iria Guimarey (Náutico Cobres) e Luna Borrego (Piragüismo Olívico). Candela Alonso (Piragüismo Olívico) cruzaba a liña de meta en primeiro lugar da categoría Alevín B, seguida por Inés de la Fuente (Kaiak Vigo) e por Martina García (Breogán). O podio masculino foi para os tres padeeiros do Club de Mar Ría de Aldán con Martín González en primeiro lugar, seguido por Brais Chapela e Mateo Caride.
As dúas últimas competicións foron para os Alevíns A, onde ocuparon as tres primeiras posicións do podio feminino Sofía Parada (Piragüismo Cambados), Karla Henriques (Kayak Tudense) e Leila Rodríguez (Kayak Tudense) respectivamente. En canto á carreira masculina, a o vencedor foi Gael Bernal (Piragüismo Verducido), mentres que a segunda e terceira posición foi para Alxandre Míguez (Piragüismo Vilaboa) e Marcos González (Naval de Pontevedra).