A BTTroita aposta polo mes de setembro para a súa quinta edición

Ponte Caldelas
08 de agosto 2018

A proba popular celebrarase nesta ocasión o domingo 16 de setembro en Ponte Caldelas con participación limitada a 600 ciclistas. As inscricións xa están abertas

III Ruta BTTroita de Ponte Caldelas
III Ruta BTTroita de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

A quinta edición da Ruta BTTroita de Ponte Caldelas aposta por un cambio de mes para fixarse en setembro. 

En concreto a proba popular organizada por Global DxT e o Concello de Ponte Caldelas terá lugar o domingo 16 de setembro, con novo trazado nun percorrido que será de 38 quilómetros e dificultade media.

O novo circuíto segue tendo como punto de saída e chegada a Alameda e inclúe o paso polos montes de Cuñas, Paradela, Parada, Verdugo, Cristo Rei, Baltar, Chan do Casal e regreso pola zona do instituto.

Entre os motivos do cambio de data, explica o goberno local, atópase a intención de dar un maior tempo de rexeneración a zonas afectas polos incendios forestais do pasado ano.

As inscricións xa están abertas, cun límite de 600 prazas, a un prezo de 12 euros na web www.emesports.es.