Marín será un ano máis a casa do boxeo galego coa celebración da quinta edición da Copa Galicia.
A competición puxilística celebrarase o próximo 2 de decembro no pavillón da Cañota baixo a organización da Federación Galega de Boxeo e o apoio do club local, o Team Thunder.
Entre os combates previstos na velada destaca a defensa que Aarón González afrontará do cinto de Campión Gallego NeoProfesional, medíndose ao ourensán Manuel Jiménez.
Para preparar a cita o campión marinense ten previsto afrontar antes un combate preparatorio fronte ao campión autonómico de Castela-León e ex-capemón nacional do peso medio, Rubén Castellanos.
CAMPIONATO GALEGO
Doutra banda o Team Thunder valora moi positivamente o rendemento dos seus deportistas no recente Campionato Galego celebrado en Sanxenxo, no que Alberto Loira en categoría júnior, Cristian Santos e Miguel Prado en promesas e Aarón González en elite colgáronse a medalla de ouro, e Samara Garrido, Brais Lago e Pablo Lubián sumaron senllas pratas.