A canteira do Pontevedra foi a protagonista deste sábado. O estadio municipal de Pasarón acolleu, durante toda a xornada, a festa de despedida da tempada, na que pequenos e maiores puideron gozar dunha boa comida, ademais dun gran número de actividades. Multitude de persoas non dudaron en participar na celebración, acompañada, ademais, por un tempo fantástico, que terminou de redondear a cita.
Os xogos comezaron preto das 12:00 horas, cos primeiros partidos entre pais, fillos e o persoal técnico do evento. Dúas horas intensas do mellor fútbol seguidas pola esperada comida.
Co estómago cheo, e despois dun curto pero merecido descanso, continuou a actividade. A partir das 15:30, disputáronse varias competicións, nas que se decidiron os mellores remate e gol. Ademais, tamén contaron con inchables para os máis novos, futbolines e non podía faltar un pouco de música e baile.
Despois da celebración, aínda que supón a final oficial da tempada, toca gozar do verán, mais os asistentes á festa da canteira 'granate' xa pensan na reunión do próximo ano.