A Carballeira de Ribadumia estréase como sede da Copa Galicia de Ciclocrós

O Salnés
24 de novembro 2021

Ribadumia acollerá o vindeiro domingo 28 de novembro a undécima cita puntuable do certame autonómico, na que será a súa primeira edición

Presentación do I Ciclocrós Concello de Ribadumia
Presentación do I Ciclocrós Concello de Ribadumia

O vindeiro domingo 28 de novembro será unha xornada de estrea en Ribadumia.

Por primeira vez a Copa Galicia de Ciclocrós aterra no municipio co I Ciclocrós Concello de Ribadumia, na que será a undécima proba puntuable do certame autonómico.

A Carballeira da localidade acollerá unha competición que dará comezo á primeira hora, ás 9.30 horas, coas carreiras máster, e terá continuidade ás 11.30 horas coas probas de categoría cadete e ás 12.30 horas coas elite, sub-23 e júnior.

A proba, que foi presentada este martes no  Concello de Ribadumia, disputarase nun circuíto de 3.150 metros esperando unha importante participación de ciclistas chegados desde diferentes puntos de Galicia.