A carreira de Santiaguiño do Burgo, con Luís Alcántara na memoria

Pontevedra
23 de xullo 2018

A proba popular chegará este mércores 25 de xuño á súa 24ª edición exposta como unha homenaxe ao recentemente falecido párroco do Burgo, un dos seus impulsores

Presentación da Carreira Popular Santiaguiño do Burgo
Presentación da Carreira Popular Santiaguiño do Burgo / PontevedraViva

É unha das citas deportivas con máis tradición na cidade, e este ano será mesmo máis especial para a Carreira Popular Santiaguiño do Burgo.

A proba deportiva, que se organiza desde 1997, servirá este mércores 25 de xullo de homenaxe a un dos seus impulsores, Don Luís Alcántara, párroco do Burgo falecido recentemente. Así o explicou Rafael Sánchez 'Fis', representante da Asociación Xuvenil Santiago Peregrino do Burgo, acompañado da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e a presidenta da Sociedad Gimnástica, Charo Castro.

A saída e chegada da carreira estará situada un ano máis na ponte, cun percorrido de 6.450 metros que en categoría absoluta sofre unha pequena modificación por obras na Xunqueira de Alba. 

A actividade deportiva arrincará ás 10:00 horas coas probas de categorías inferiores, ás que será posible anotarse ata o mesmo día 25, mentres que o prato forte da carreira sénior dará saída ás 11:00 horas.