A continuidade da Segunda B e Terceira, a debate nunha reunión da RFEF coas territoriais

Pontevedra
21 de xaneiro 2021

A cita segundo avanzou nunha rolda de prensa o presidente da Federación Galega, Rafael Louzán, terá lugar este venres 22 de xaneiro. A pesar de todo, Louzán móstrase partidario de que as competicións non profesionais poidan continuar "porque hai unhas garantías que non se dan noutros deportes. Estamos facendo un test á semana", sinalou

Rafael Louzán e Luis Rubiales
Rafael Louzán e Luis Rubiales / RFGF

O futuro das competicións non profesionais de ámbito estatal, como son no fútbol a Segunda División B e a Terceira División, está no aire ante a mala evolución da pandemia.

Así o recoñeceu este xoves nunha rolda de prensa telemática o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, aínda que "a competición de ámbito nacional debería transcorrer con normalidade, é a miña opinión, porque hai unhas garantías que non se dan noutros deportes. Estamos facendo un test á semana", defendeu o máximo dirixente do balompé autonómico.

Louzán avanzou que a continuidade destas dúas categorías (as de ámbito autonómico están suspendidas ata nova orde en Galicia ante as novas restricións da Xunta), estará sobre a mesa nunha reunión que se celebrará ás 16.15 horas do venres entre a Real Federación Española de Fútbol e as territoriais: "Estamos convocados polo presidente dá RFEF para analizar entre  outras esta situación", confirmou e mandatario galego.

A pesar de todo, a decisión final neste caso será tanto da Federación Española como do Consello Superior de Deportes.

En canto á Segunda División B, Rafael Louzán tamén revelou que desde Galicia trabállase para ser sede da fase final, a definitiva polo ascenso á Segunda División. "Estamos traballando coa RFEF para elo", limitouse a dicir.

COMPETICIÓNS AUTONÓMICAS

O presidente da Real Federación Galega de Fútbol tamén falou por extenso das competicións de ámbito rexional, e que como a categoría de Preferente estaban xa próximas a comezar.

Neste sentido Louzán sinalou que "toca esperar e ver a evolución nas próximas dúas-catro semanas" antes de tomar unha decisión definitiva sobre se se terminan activando ou se cancela definitivamente a tempada. " Non imos a sair a competir se non hai o consenso necesario", tranquilizou o dirixente defendendo a "prudencia que nos levou a non iniciar ninguna competición de ámbito autonómico" ata a data, algo que só comparten Navarra e Aragón en todo o estado.

O importante, finalizou, é que "o único partido que temos que gañar é contra a Covid".