A Copa Deputación, tamén para o fútbol feminino e a base

Pontevedra
11 de novembro 2014

Rafael Louzán reuniuse este luns cos clubs da zona norte da provincia e avanzou que a próxima edición da competición, que arranca en xaneiro, non se cinguirá só ao fútbol afeccionado

Reunión preparatoria da Copa Deputación 2015
Reunión preparatoria da Copa Deputación 2015 /

A Copa Deputación non se limitará, a partir da próxima edición, ao fútbol afeccionado masculino. Así o asegurou o presidente provincial, Rafael Lozán, nunha reunión cos clubs da zona norte da provincia.

Louzán revelou que pretender incluír o fútbol feminino e o de base na competición que arranca o próximo mes de xaneiro.

Desta forma a Copa Deputación ábrese aos 26 equipos femininos que existen na provincia e aos preto de 400 equipos nas categorías infantil, cadete e xuvenil, que se unen aos preto de 130 clubs que tomaban parte na competición ata agora.

A reunión celebrada no Pazo Provincial serviu ademais para valorar o calendario (está previsto que se juege entre xaneiro e xuño), os prazos de inscrición e o sorteo dos cruzamentos, que se celebrará en próximas datas.