O Club Cisne Balonmán e a Sociedad Deportiva Teucro toman un pequeno respiro esta fin de semana na División de Honra Prata para centrarse na Copa do Rei.
O Torneo do K.O. afronta a súa primeira eliminatoria, que enfronta a partido único a equipos da segunda categoría, e aí estarán os dous representantes pontevedreses tras un inicio de competición completamente oposto para ambos os dous.
Por unha banda o Teucro buscará atopar na Copa un respiro á súa situación ligueira, con tres derrotas en tres partidos, para así comezar a coller confianza pensando na súa recuperación. Os azuis xogarán este sábado (20.00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes ante o Eivissa.
En canto ao Cisne, líder en liga con pleno de vitorias, deberá afrontar un longo desprazamento ata Cataluña para medirse ao UE Sarrià (sábado, 20.00 horas).
De superar a eliminatoria os equipos pontevedreses verían as caras na segunda rolda cun equipo da Liga Asobal.