A décima do Teucro pasa por Barcelona

Pontevedra
06 de decembro 2016

Os azuis afrontan este mércores (18:30 horas) unha difícil saída á cancha do Barcelona B, na que buscarán o seu décimo triunfo consecutivo na liga para manterse no coliderato da División de Honra Prata

Adestramento do Teucro 16/17
Adestramento do Teucro 16/17 / Cristina Saiz

Díficil compromispo para a Sociedad Deportiva Teucro na súa loita por manterse no coliderado da División de Honra Prata.

Os azuis visitan este mércores (18:30 horas) a pista do Barcelona B, cuarto clasificado e "uno de los mejores equipos de la categoría", recoñece Edu Moledo, na busca da súa décima vitoria consecutiva.

"Nosotros venimos reforzados por las nueve semanas seguidas ganando y por la última victoria tan trabajada, tan valiosa por cómo se produjo y tan merecida como la que conseguimos el sábado. Así que vamos a Barcelona conocedores de lo difícil que es ganar allí, pero convencidos de que podemos lograrlo", sinalou na previa Quique Domínguez.

A noticia positiva para o técnico pontevedrés é a volta á convocatoria de Saúl Campo, superada a súa lesión no ombreiro, polo que na enfermería azul só queda agora José Manuel Rial.

Enfróntanse en Barcelona os dous mellores ataques da categoría, xa que o cadro blaugrana promedia máis de 30 goles por partido e o Teucro máis de 29.

"A mi modo de ver es la plantilla más completa de la División de Honor Plata", recoñece tamén Quique Domínguez dun rival que ata o momento só cedeu un partido na súa cancha, ante o Zamora.