A derrota en Vigo obriga o CW Pontevedra a remontar para estar na final polo título de liga

Pontevedra
09 de marzo 2020

O equipo pontevedrés perdeu por 16-10 en primeiro duelo da semifinal do playoff fronte ao RCN Vigo e agora deben gañar os dous próximos partidos para clasificarse para a final da Divisón de Honra Masculina galega

Inicio do primeiro partido da semifinal do playoff da Divisón de Honra de waterpolo entre o RCN Vigo e o CW Pontevedra CW Pontevedra

O CW Pontevedra iniciou esta fin de semana a súa participación no play-off polo título de liga da Divisón de Honra Masculina de Galicia. O equipo dirixido por Javi de Saa estreouse con derrota no primeiro partido da serie, que se decide ao mellor de tres partidos, fronte ao RCN de Vigo. Os pontevedreses están agora obrigados a gañar aos vigueses nos dous próximos partidos que se xogarán, o 14 e o 21 de marzo, na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

A pesar de protagonizar un bo inicio de partido, o CW Pontevedra volveu evidenciar unha falta de acerto para a portería rival que permitiu ao conxunto local conseguir unha cómoda renda de tres tantos ao final do primeiro parcial que foron capaces de conservar durante o resto do partido e facerse finalmente co primeiro punto da eliminatoria.

Os visitantes, con momentos de bo xogo, mostráronse incapaces de reducir as diferenzas no marcador. O último cuarto comezou con 12-9 a favor do RCN de Vigo e o CW Pontevedra, lonxe de recortar distancias, viu como a desvantaxe foise ampliando desde o primeiro minuto do último período ata o 16-10 co que finalizou o encontro.