Entre ventiladores e abanicos. Así transcorreu a segunda xornada da Festa dos Libros que, a pesar da calor reinante, logrou unha elevada afluencia de público.
Aínda cos ecos presentes da homenaxe que a festa rendeu a Manuel Rivas, un dos grandes autores das letras galegas contemporáneas, as actividades non se detiveron.
As casetas das trece librarías participantes acolleron durante todo este sábado numerosas firmas de libros e encontros de múltiples autores e autoras cos seus lectores.
A cita máis concorrida, sen dúbida, foi a que reuniu dous dos escritores pontevedreses máis exitosos dos últimos anos, Manuel Jabois e Manel Loureiro.
Ambos presentaron as súas últimas novelas, La víspera e Antes de que todo cambie respectivamente, e dialogaron cos asistentes sobre os seus procesos creativos.
A xornada arrancou coa proposta infantil do Pulpiño Viascón, todo un home orquestra que combinou música e humor, e cunha mesa sobre a literatura infantil e xuvenil con Miguel García-Fernández, Alba De Evan, Ramón D. Veiga e Sabela Fernández Trelles.
Xesús Fraga, Xerardo Quintiá, María Lado e Anxos Sumai, pola súa banda, protagonizaron un novo 'Enfiando lecturas' da Libraría Paz; e as escritoras Tamara Andrés, Carmen V. Valiña e Alba Tomé debateron sobre mulleres que foron silenciadas pola historia.
A incerteza foi o fío condutor da charla que mantiveron as escritoras María Solar, Irene Lourido e Vitoria Pinal, que abordaron cuestións como a identidade persoal, os vínculos familiares, os coidados ou os dilemas vitais s afectos e vos dilemas vitais.
A programación do sábado pechou cunha conversación ao redor da música e da cultura popular galega na que participaron os escritores Lois Pérez e Fernando Fernández Rego, este último autor dun ensaio sobre Andrés do Barro.
A Festa dos Libros concluirá este domingo cunha ampla oferta de actividades e a presenza, entre outros autores, de Arturo Lezcano, Juan de Sola, José Ignacio Carnero, Francisco Narla, Arantza Portabales ou María Oruña.

Manuel Jabois e Manuel Loureiro na Festa dos Libros

Homenaxe a Manuel Rivas na Festa dos Libros