A directiva do Teucro acorda denunciar ameazas recibidas nas redes sociais

Pontevedra
25 de abril 2018

O Teucro entende que as  amenzasa recibidas tras a derrota ante o Cangas, nas que chegaban a desexar a morte aos xogadores acusándoos de vender o partido, "supoñen un atentado á dignidade e honradez do club", polo que acudirá ás autoridades

Ameazas recibidas polo Teucro nas redes sociais
Ameazas recibidas polo Teucro nas redes sociais

A derrota ante o Cangas no Pavillón Municipal dos Deportes, que impediu conseguir polo momento a permanencia matemática na Liga Asobal, deixou ademais unha consecuencia desagradable para a Sociedade Deportiva Teucro en forma de ameazas e insultos nas redes sociais.

En concreto, o club fixo público o comentario dun usuario da rede Facebook que chegou a desexar a morte dos xogadores acusándoos de ter vendido o encontro.

"Ojalá se estrelle vuestro próximo avión", chegaba a comentar este usuario no seu comentario ao Teucro.

Ante esta situación a xunta directiva teucrista reuniuse a última hora do martes e acordou presentar unha denuncia ante as autoridades competentes "ao considerar que ditas manifestacións supoñen un atentado á dignidade e honradez do club", confirmou o Teucro a última hora da xornada a través dun breve comunicado.