A enfermaría do Pontevedra énchese no peor momento

Pontevedra
30 de outubro 2017

Varios futbolistas do primeiro plantel son dúbida para o encontro do próximo mércores ante o líder, o filial do Real Club Deportivo, entre eles Miguel Ángel, que pasou a noite do domingo en observación nun hospital debido a unha conmoción tras sufrir un golpe na cabeza no Toralín

Miguel Ángel, atentido no céspede do Toralín tras recibir un golpe na cabeza
Miguel Ángel, atentido no céspede do Toralín tras recibir un golpe na cabeza

Acumúlanselle os problemas ao Pontevedra Club de Fútbol no peor momento, nunha semana na que debe afrontar dúas xornadas de liga, empezando o vindeiro mércores 1 de novembro recibindo no Estadio Municipal de Pasarón ao actual líder da categoría, o Fabril.

Máis aló da dolorosa derrota no último minuto de partido, o choque en Ponferrada deixou varias secuelas e dúbidas pensando no encontro do mércores.

Unha delas é a de Miguel Ángel, substituído no descanso ante a Ponferradina debido a un golpe na cabeza que lle provocou mareos debido a unha conmoción.

O lateral foi trasladado a un centro hospitalario e pasou a noite do domingo en observación. Recibiu xa o alta para volver a casa, pero a súa presenza ante o filial deportivista é dubidosa, e dependerá da evolución que experimente nas próximas horas.

Tamén Adrián León volveu tocado de Ponferrada, no seu caso por unhas molestias musculares ao notar unha pequena picada no isquitiobial, sumándose desta forma a unha enfermaría que aínda ocupan os dous laterais zurdos do equipo, David Castro e Jimmy.

Quebradizos de cabeza para Luisito, que deberá recompoñer a aliñación do equipo ante a previsible ausencia de Kevin Presa tras a súa expulsión por dobre amoestación no Toralín, sempre que o Comité de Competición ratifique a sanción.