A falta de seguridade nas súas instalacións das Corbaceiras empeza a supor un auténtico calvario para a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
A entidade deportiva denunciou este luns un novo episodio vandálico, afectando esta vez a unha das embarcacións neumática que tiña amarrada no pantalán e que se cre, permaneceu á deriva ata encallar na costa contraia da ría.
Trátase de "un elemento esencial para os nosos adestramentos", explican desde o club presidido por Óscar Ponte, preocupados polo dano que pode ter sufrido o motor da barca neumática.
"Levamos varios episodios similares nestes últimos anos, pero non se toma ningún tipo de medida. Necesitamos una solución urxente para evitar este tipo de episodios nas nosas instalacións", defende a Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra.
Sen ir máis lonxe, durante o nadal pasado, o club denunciou sufrir un dobre ataque ás súas embarcacións de Dragon Boat, acabando un dos botes á deriva no medio da ría.