A EP Ciudad de Pontevedra organiza unha dobre xornada de Dragon Boat no río Lérez

Pontevedra
08 de marzo 2022

O club pontevedrés, en colaboración da Concellería de Deportes, organiza unha dobre cita lúdico-deportiva para dar a coñecer esta modalidade do piragüismo

Segundo Festival 'Dragon Boat' no río Lérez en xaneiro de 2019
Segundo Festival 'Dragon Boat' no río Lérez en xaneiro de 2019 / Diego Torrado

O río Lérez será escenario a próxima fin de semana, os días 12 e 13 de marzo, dunha doble cita lúdico-deportiva para dar a coñecer o Dragon Boat.

Trátase dunha iniciativa impulsada pola Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra en colaboración do Concello de Pontevedra, no marco do programa municipal A Vida é Movernos.

O Dragon Boat é unha modalidade deportiva de orixe chinesa e implantada hai uns anos polo club pontevedrés para achegar o piragüismo a todas as idades.

Nesta ocasión a entidade deportiva propón aos pontevedreses participar de balde nunha actividade que consistirá nun pequeno roteiro polo río desde o porto das Corvaceiras ata a praia fluvial, atravesando por tanto a maior parte do tramo urbano do Lérez.

O sábado 12 de marzo a xornada está pensada para nenos e nenas de entre 10 e 14 anos, e o domingo 13 para maiores de idade, en ambos os dous casos en horario de 10.30 a 12.30 horas.

Aínda que se trata dunha actividade gratuíta será necesario inscribirse previamente antes do xoves día 10 nunha plataforma habilitada pola EP Ciudad de Pontevedra.