A Escuela de Piragüimo Ciudad de Pontevedra pechou a tempada da Liga Galega da mellor maneira posible, vencendo no Descenso do Sil na súa 52 edición.
Na cita congregáronse 40 clubs galegos e asturianos con preto de 400 deportistas inscritos para completar os 7 quilómetros de percorrido entre Sobradelo co Malecón do Barco.
A vitoria na clasificación xeral foi para o club pontevedrés con 1.560 puntos. A segunda posición foi para o Club As Torres con 1.136 e o terceiro posto foi para o Club de Mar Ría de Aldán con 1.016 puntos.
A nivel individual o C-1 feminino deu importantes puntos ao Ciudad de Pontevedra, coa vitoria de Jennifer Casal por diante da súa compañeira de equipo María de la Peña, mentres que na canoa sénior masculina o vencedor foi o tamén pontevedrés Damián González, do Piragüismo Verducido.
O resto de gañadores foron o leonés Julián Becerro e o asturiano Miguel Fernández no K-2 masculino, Sabela Castro e Alicia López (Cidade de Lugo) no K-2 feminino e Jesús Rodríguez (O Barco) e Carmen Villar (Fluvial de Lugo) en K-1.