A Escola Xadrez representará a España no Encontro Internacional de Confraternidade contra Uruguai e Arxentina

Pontevedra
02 de maio 2020

A Escola Xadrez Pontevedra e o Club Magic Estremadura participarán o domingo 3 de maio ás 21:00 nun encontro internacional de confraternidade contra Uruguai e Arxentina. As partidas poderanse seguir a través do portal liches. org e no Facebook, Twitter e páxina web da Escola Xadrez Pontevedra

Pontexadrez 2018 PontevedraViva

A Escola Xadrez Pontevedra segue coas súas actividades complementarias ás clases online que mantén durenta o estado de alarma que se vive con motivo do COVID-19.

É por iso, que o domingo 3 de maio ás 21:00 (hora española) participará nun encontro internacional de confraternidade contra Uruguai e Arxentina.

España estará representada por Galicia e Estremadura, da man da Escola Xadrez Pontevedra e o Club Magic Estremadura.

O club estremeño é un dos clubs máis importantes a nivel nacional pola súa gran escola e os seus logros deportivos como o título de Campións de Europa de clubs ou o recente Campionato de España de División de Honra que gañou en 2019. Tamén é coñecido como un dos máis importantes a nivel mundial pola súa actividade no ámbito do xadrez social e terapéutico.

Pola súa banda, Arxentina estará representada por un combinado da Universidade da Punta de San Luís, unha das escolas máis grandes de xadrez de todo o país suramericano e que promove o xadrez tanto no ámbito deportivo como educativo. 

En canto a Uruguai, o representante será un combinado xuvenil seleccionado pola federación de xadrez do país, no que se atoparán os mellores xogadores sub 20 uruguaios.

Será un triangular a 30 taboleiros por combinada no que a EXP e o Magic xuntaranse para enfrontarse aos equipos de Uruguai e Arxentina.

As partidas terán un ritmo de 3 minutos para toda a partida por xogador cun incremento de 2 segundos por xogada, e poderase seguir a través do portal liches.org e no Facebook, Twitter e páxina web da Escola Xadrez Pontevedra.

Con esta actividade, os pontevedreses suman un novo encontro ás súas actividades paralelas para o goce de todos os seus alumnos e segue planeando máis actividades similares de fronte o futuro para manter a actividade dos seus alumnos e ao mesmo tempo hermanarse con diferentes clubs ou federacións do mundo do xadrez.