A estadounidense Heather Forster, segunda incorporación do Arxil

Pontevedra
09 de xullo 2019

O club pontevedrés recorre unha vez máis á liga universitaria norteamericana (NCAA) para tentar achegar un salto de calidade ao seu plantel. Forster, que procede da Universidade de Albany, afrontará a súa primeira experiencia profesional no Arxil

Heather Forster, coa Universidad de Albany
Heather Forster, coa Universidad de Albany / University at Albany

O Club Baloncesto Arxil volve recorrer á liga universitaria norteamericana (NCAA) para tentar achegar un extra de calidade ao seu plantel de Liga Feminina 2.

A entidade pontevedresa anunciou este martes á súa segunda fichaxe, a pívot estadounidense Heather Forster.

Trátase dunha xogadora de 1,88 metros, nacida no ano 1996 que afrontará a súa primeira experiencia profesional tras completar a súa formación na Universidade de Albany.

Forster, na súa última tempada na NCAA, alcanzou de media 9,9 puntos e 7,3 rebotes por partido.

"É forte no rebote defensivo, boa defensora, en ataque xoga moi ben dentro da zona e ten tiro a catro ou cinco metros", describen desde o Arxil sobre as súas capacidades.

A pívot únese así á sueca Linnea Rosendal e ás renovadas Cristina Díaz-Pache, Carla Fernández e María Lago como xogadoras confirmadas para o próximo proxecto das verdes.