A Estrada-Monte Castrove, primeira das etapas pontevedresas da próxima Vuelta a España

O Salnés
04 de xaneiro 2014

A etapa disputarase o xoves 11 de setembro pasando por 15 municipios das bisbarras de Tabeirós, Salnés, Umia, Arousa e Pontevedra. Finalizará xunto ao campo de golf de Meis

Christopher Horner na chegada de La Vuelta o Miradoiro de Lobeira
Christopher Horner na chegada de La Vuelta o Miradoiro de Lobeira /

O percorrido da primeira das etapas da Vuelta a España 2014 que pasará pola provincia de Pontevedra foi desvelado este sábado pola Deputación.

Esta etapa, que se disputará o xoves 11 de setembro, terá como punto de partida A Estrada e final xunto ao campo de golf de Monte Castrove, no municipio de Meis.

Polo medio a caravana multicolor percorrerá ata 15 concellos da provincia, xa que dende A Estrada se dirixirá a Cuntis, Moraña, Caldas de Reis, internarase nas bisbarras do Salnés e Arousa pasando por Vilagarcía e Cambados entre outros municipios para dirixirse en última instancia ao Monte Castrive pasando previamente polo Mosteiro da Armenteira.

A Deputación anunciou ademais que traballa coa empresa organizadora, Unipublic, para pechar o percorrido dunha segunda etapa na que terá máis peso o sur da provincia.

Será o cuarto ano consecutivo que a volta ciclista conte con algunha das súas xornadas en Pontevedra, o que supoñerá tamén o aloxamento da caravana da proba durante tres noites en hoteis da zona.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora