A Federación Española eleva a 265.000 euros o custo da praza do Ourense

Pontevedra
01 de xullo 2014

O primeiro club ao que será ofrecida a praza en Segunda B é ao Pontevedra, pero o cambio de criterio federativo con respecto a outras tempadas complica a operación

Partido entre Pontevedra e Atlético Granadilla en Pasarón
Partido entre Pontevedra e Atlético Granadilla en Pasarón / Diego Torrado

Sorpresa no seo do Pontevedra polo criterio seguido pola Federación Española de Fútbol (RFEF) para ocupar a praza que deixa vacante en Segunda B o Club Deportivo Ourense, descendido por débedas co seu plantel.

Esa praza será ofrecida en primeiro lugar ao Pontevedra por méritos deportivos, ao ser o conxunto da Terceira Galega con máis puntos sumando liga regular e play-off, pero a cantidade que terá que asumir a entidade granate se quere ascender é finalmente de 265.000 euros.

Así o sinala en organismo federativo nunha circular con data deste martes 1 de xullo.

Esta cantidade choca co criterio das últimas tempadas nas que se realizaba unha media coas débedas de todos os equipos descendidos por estas circuncias, neste caso Ourense, Noja e Laudio, e que situaría o canon nuns 160.000 euros.

Sen embargo, como Noja e Laudio xa perderan a categoría deportivamente e o seu descenso administrativo é a Preferente, a Federación elevou o custo do ascenso para o equipo interesado.

O Pontevedra ten agora ata as 10:00 horas do 4 de xullo, venres, para comunicar á RFEF se está intesado nesta posibilidade.