A final da Copa de España de Augas Abertas agarda á pontevedresa Carla Goyanes

Pontevedra
24 de setembro 2018

A deportista do Club Natación Galaico, actual subcampioa nacional e europea júnior da especialidade, foi convocada pola Selección Galega para tomar parte na competición o vindeiro domingo 30 de setembro  

Carla Goyanes (centro) no podio da Travesía da Ría de Vigo
Carla Goyanes (centro) no podio da Travesía da Ría de Vigo / Club Natación Galaico

O Club Natación Galaico contará con representación na etapa final da Copa de España de Augas Abertas, que se celebrará o vindeiro domingo 30 de setembro en Benidorm.

Alí estará Carla Goyanes, actual subcampioa nacional e europea da especialidade en idade júnior e que foi incluída dentro da Selección Galega.

Carla formará parte do primeiro equipo de Galicia no campionato.

A deportista do Galaico acudirá á cita despois de impoñerse esta pasada fin de semana na categoría  absoliuta da XVIII Travesía Ría de Vigo, incluída no XV Circuíto Galego de Augas Abertas.