Despois de anos sen celebrarse, Pontevedra volverá gozar da emoción do descenso BTT co recuperado Descenso DH A Fracha.
A cita, cuarta puntuable da Copa Galicia da especialidade, celebrarase o vindeiro sábado 16 de setembro no parque forestal pontevedrés coa previsión de contar con máis dun cento de participantes.
Os adestramentos realizaranse entre as 10.00 e as 13.00 horas, mentres a competición oficial desenvolverase a partir das 16.00 e ata as 20.00 horas.
"É un orgullo dar conta de citas que aproveitan os recursos e a potencialidade que temos en Pontevedra",, sinalou na presentación do evento a edil de Deportes, Anabel Gulías, acompañada do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e dos organizadores, o Club Moto Bike.
Estes afirmaron que o DH trátase dunha das modalidades "máis espectaculares que un se pode atopar".