O Estadio de Atletismo de Balaídos, en Vigo, será escenario este sábado 9 de maio, a partir das 17:00 horas, da estrea da Gimnástica nunha nova tempada da División de Honra de Atletismo.
O club pontevedrés comparece co seu equipo masculino na máxima categoría por noveno ano "y nuestro objetivo es al menos estar un año más", recoñece o seu vicepresidente Juan Romero.
Con esa idea parten nunha competición que reune aos 16 mellores clubs de España e que contará con tres xornadas divididas en grupos de catro equipos.
As dúas primeiras decidirán a loita polo título ou a permanencia nas finais do día 13 de xuño.
Polo de pronto a Gimnástica terá como rivais na primeira xornada ao AD Marathon de Madrid, a Real Sociedad de San Sebastián e o Celta de Vigo,
Para os responsables da entidade pontevedresa o Marathon parece inalcanzable, pero pelexarán polo segundo posto do grupo.
Dous atletas por proba defenderán a camiseta da Gimnástica na estrea da División de Honra:
| PRUEBA | ATLETAS |
| Pértega | Santi Ferrer / Enric Obiol |
| Martelo | David Rocha / Juan Barbosa |
| Lonxitude | David Ferrer / Mario Álvarez |
| Altura | Lysvanys Pérez / Manuel Molinos |
| 400 valos | Ignacio Sarmiento / Laureano Martínez |
| 400 lisos | Eduardo Gallardo / Alfonso Pérez |
| Disco | Víctor Gallego / Martín Brea |
| 800 lisos | Jorge Puig / Alberto Guerrero |
| 200 lisos | Alberto Salcedo / Ángel Vargas |
| Triplo salto | Lysvanys Pérez / Ricardo Gaya |
| 1.500 | Víctor García Hernando / David Martínez |
| 110 valos | Julián Ortiz / Álex Solla |
| 100 lisos | Gonzalo Sánchez-Camacho / Darío Costas |
| 5.000 marcha | David Veiga / Álex Flórez |
| Peso | Víctor Gallego / David Rocha |
| Xabalina | Carlos Cerviño / Manuel Castellanos |
| 3.000 obstáculos | Iván Docampo / Iván Blanco |
| 3.000 metros | Emilio Martín / Robertas Geralavicius |
| 4x100 metros | Costas, Salcedo, Sánchez-Camacho, Guerrero |
| 4x400 metros | Gallardo, Alfonso, Sarmiento, Guerrero |