A Gimnástica alerta dun erro de impresión na súa lotería do Neno

Pontevedra
05 de xaneiro 2021

O club de atletismo informa que debido a un erro de imprenta, a participación de lotería para o próximo 6 de xaneiro que contén o número 91679 é errónea

Participación da lotería de Reis da Sociedad Gimnástica
Participación da lotería de Reis da Sociedad Gimnástica

A Sociedad Gimnástica de atletismo comunicou unha incidencia que afecta as súas participacións de lotería de Reis, o popular Sorteo do Neno que se celebra cada 6 de xaneiro.

O club pontevedrés, que como moitas entidades elabora participacións como método para recadar fondos, sinalou que "debido a un erro de imprenta, a participación de lotería que contén o número 91679 é errónea".

En concreto cambian de orde dúas dos díxitos, xa que o número correcto é o 91769. Nesa mesma papeleta, o número 37974 é totalmente válido.

"Lamentamos as molestias e pedimos desculpas polo erro", sinala a Gimnástica, que se presta a resolver calquera dúbida xurdida por esta cuestión no mail do club: [email protected].