Galicia conta ao fin cunha pista cuberta de atletismo, estreada a pasada fin de semana en Ourense cun torneo inaugural que non se quixo perder a Sociedad Gimnástica.
Un primeiro posto, cinco segundos postos e tres terceiras posicións ademais dunha marca mínima para o campionato de España cadete foron as mellores actuacións dos atletas do club pontevedrés no recinto de Expourense.
Víctor Gallego impúxose no lanzamento de peso cun mellor lanzamento de 16.13 metros, mentres que Francisco Javier Guzmán sería segundo con 13.80 metros. Ademais Andrea González finalizou en terceira posición cun mellor lanzamento de 10.54 metros.
Nos 3.000 metros Adrián Lago finalizou foi segundo cun tempo de 8:50:31, con Hugo García quinto (9:09:63) logrando a marca mínima para o Campionato de España Sub-16 de Pista Cuberta que se disputará en Sabadell.
David Ferrer foi segundo en salto de lonxitude cun mellor intento de 6.73 metros, completando os podios ximnásticos Xiana González ao ser terceira nos 400 metros, Paula Martín e Marta González ao ser segunda e terceira no salto con pértega e Santi Ferrer ao acabar segundo tamén en pértega, na categoría absoluta masculina.