A Gimnástica presenta á súa nova mascota, 'Ravatleta'

Pontevedra
19 de decembro 2023

A entidade deportiva pontevedresa lanzou nas últimas semanas un concurso para elixir á nova mascota das súas escolas de atletismo

'Ravatleta', nova mascota da Sociedad Gimnástica
'Ravatleta', nova mascota da Sociedad Gimnástica

'Ravatleta'. Así se chama a nova mascota da Sociedad Gimnástica de Pontevedra.

O club pontevedrés lanzou as últimas semanas un concurso para elixir unha mascota que represente nas competicións ás súas escolas de atletismo.

Primeiro, entre as propostas recibidas, os monitores da Gimnástica escolleron catro finalistas, que foron sometidas a votación nas redes sociais, conseguindo 'Ravatleta' máis apoios que as outras mascotas preseleccionadas, 'PonteBear', 'Gema' e 'Raposa Xuli'.

'Os que coñecedes a cidade de Pontevedra, ademais de saber que a Sociedad Gimnástica naceu aquí, sabedes que ten unha curiosa historia cun loriño parlanchín, que grazas a vós facemos un pouco nosa. Agora só queda saber se ademais de falar, tamén corre… Ou voa!!", afirma a veterana socciedad atlética.