A Gimnástica presenta aos seus socios en asemblea un pequeno superávit anual de 300 euros

Pontevedra
28 de decembro 2014

O presidente, Ramón Touza, presentou un balance anual que se eleva aos 136.480 euros de gastos, cun resultado do exercicio moi equilibrado

A directiva da Sociedad Gimnástica durante a Asemblea de Socios do ano 2014
A directiva da Sociedad Gimnástica durante a Asemblea de Socios do ano 2014 / Sociedad Gimnástica de Pontevedra

A Sociedad Gimnástica de Pontedvedra celebrou a súa Asemblea anual de socios na que o presidente, Ramón Touza, presentou un balance anual que se eleva aos 136.480 euros de gastos, cun resultado do exercicio moi equilibrado, que botou un pequeno superávit de 300 euros.

Touza abriu a Asemblea facendo un emocionado recordo polo falecemento dos pais de Santiago Ferrer Moreira, que produciron este ano, así como a morte do que foi o adestrador de numerosos atletas da Gimnástica, José María Muradás; así como tamén Benigno Rei, fillo dun dos fundadores e atleta na década dos 50, do pasado século.

Dentro dos diferentes puntos a tratar, o aspecto deportivo foi un aos que máis tempo se lle dedicou, cun balance moi satisfactorio ao ter logrado todo un record de medallas e podios no nacional de Clubs en campo a través e medio maratón.

Igualmente debateuse moito sobre o futuro da Escola de Atletismo e o equipo feminino.