A Gladiator Race de Pontevedra terá terceira edición en xuño de 2017

Pontevedra
03 de novembro 2016

A organización da popular proba de obstáculos, que o pasado ano contou con preto de 2.500 participantes na cidade de Lérez, anunciou a data de celebración da súa terceira edición en Pontevedra

Segunda edición da Gladiator Race en Pontevedra
Segunda edición da Gladiator Race en Pontevedra / Diego Torrado

Pontevedra gozará por terceiro ano consecutivo da Gladiator Race, popular proba por obstáculos que se fixo un oco na programación deportiva da cidade.

A organización do evento confirmou este xoves a data da que será a súa terceira edición, fixada para o sábado 3 de xuño de 2017.

Ese día os intrépidos participantes enfrontaranse a barro, tobogáns, ramplas ou muros de madeira nunha carreira que o pasado ano contou con tres modalidades en función da distancia para percorrer e obtáculos a superar: 'Warrior',  con 11,5 quilómetros e ata 33 obtáculos; 'Rocket', con 6 quilómetros e 21 obstáculos; e a proba infantil, a Gladiator Kids.

En 2016 a Gladiator Race congregou en 2015 a de 2.500 participantes na contorna da Illa das Esculturas.