A Gladiator Race terá quinta edición en Pontevedra

Pontevedra
13 de decembro 2018

A popular proba de obstáculos confirmou o 1 de xuño de 2019 como data para a que será a súa quinta edición na cidade. O pasado ano congregou case 2.000 deportistas 

 IV Gladiator Race na Illa das Esculturas
IV Gladiator Race na Illa das Esculturas / Paula Sanmartín

O idilio da Illa das Esculturas coa Gladiator Race terá continuidade en 2019.

A popular proba de obstáculos renovou a súa aposta en Pontevedra confirmando a que será a súa quinta edición na cidade, fixando a data de celebración para o sábado 1 de xuño.

Así o desvelou a organización, anunciado á súa vez a próxima apertura de inscricións.

Aínda que é pronto para coñecer novidades sobre a proba, esta volverá contar con tres categorías: Rocket (6 quilómetros e 20 obstáculos), Warrior (11 quilómetros e 30 dificultades) e a opción infantil, a Gladiator Kids.

O pasado ano a Gladiator Race congregou na Boa Vila preto de 2.000 deportistas, unha cifra que aspira a superar en 2019.