O ano 2019 comezará en Pontevedra cunha competición de nivel, o Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará nun lugar privilexiado, a Illa das Esculturas.
Así o confirmaron este xoves a Real Federación Española de Ciclismo e a Federación Galega a través dun breve comunicado, no que sinala que a competición se desenvolverá entre o venres 11 e o domingo 13 de xaneiro.
Pontevedra sucederá así á localidade vasca de Legazpi, que acollerá a próxima edición do Nacional, entre o 12 e o 14 de xaneiro.
Segundo as previsións, espérase que a participación de preto de 800 deportistas no campionato, tendo en conta que se se disputa habitualmente nas categorías cadete, junior, sub-23, elite e master tanto masculina como feminina.
Trátase dun paso máis na aposta por recuperar para a cidade unha modalidade de ciclismo que durante anos tivo importante presenza e cuxo primeiro paso foi nos dous últimos anos formar parte da Copa Galicia da especialidade, en probas organizadas polo CD Pinarium no hipódromo de Campañó.