A Illa das Esculturas acollerá en 2019 o Campionato de España de Ciclocrós

Pontevedra
21 de decembro 2017

Así o confirmou este xoves a Real Federación Española de Ciclismo nun breve comunicado. A competición celebrarase entre os días 11 e 13 de xaneiro

I Trofeo Cidade de Pontevedra de Ciclocrós en Campañó Mónica Patxot

O ano 2019 comezará en Pontevedra cunha competición de nivel, o Campionato de España de Ciclocrós que se celebrará nun lugar privilexiado, a Illa das Esculturas.

Así o confirmaron este xoves a Real Federación Española de Ciclismo e a Federación Galega a través dun breve comunicado, no que sinala que a competición se desenvolverá entre o venres 11 e o domingo 13 de xaneiro.

Pontevedra sucederá así á localidade vasca de Legazpi, que acollerá a próxima edición do Nacional, entre o 12 e o 14 de xaneiro.

Segundo as previsións, espérase que a participación de preto de 800 deportistas no campionato, tendo en conta que se se disputa habitualmente nas categorías cadete, junior, sub-23, elite e master tanto masculina como feminina.

Trátase dun paso máis na aposta por recuperar para a cidade unha modalidade de ciclismo que durante anos tivo importante presenza e cuxo primeiro paso foi nos dous últimos anos formar parte da Copa Galicia da especialidade, en probas organizadas polo CD Pinarium no hipódromo de Campañó.