A internacional portuguesa Raquel Laneiro, guinda para o proxecto do Arxil en LF Challenge

Pontevedra
27 de agosto 2024

O club pontevedrés pecha o seu plantel coa xove tiradora portuguesa, internacional polo seu país e que as dúas últimas campañas disputou a liga islandesa

Raquel Laneiro, nunha sesión de fotos oficial da Selección Portuguesa
Raquel Laneiro, nunha sesión de fotos oficial da Selección Portuguesa / Federação Portuguesa de Basquetebol

O Club Baloncesto Arxil pechou o plantel co que competirá a próxima tempada en Liga Feminina Challenge tras o seu ascenso de categoría.

O equipo pontevedrés confirmou á súa segunda e, en teoría, última fichaxe, coa internacional portuguesa Raquel Laneiro.

Trátase dunha xogadora de 23 anos (cumprirá 24 en novembro) que se caracteriza por ser "extremadamente rápida, intelixente e agresiva en todos os ámbitos do xogo", aseguran desde Arxil destacando ademais a súa capacidade como "anotadora incrible que ten un gran tiro en salto desde todas as áreas da cancha".

Laneiro xogou as dúas últimas campañas na liga islandesa, no Njarðvik primeiro e no Fjölniren na campaña 23-24, con 38,8 minutos de media en pista e 23,3 puntos por partido. Antes destacara na Beltic League Portugal coa Uniao Sportiva.

Raquel Laneiro únese a Laura Fernández como fichaxes arxilistas nun plantel que completan a renovadas Nena Trajchevska, Heather Forster, Marta Fernández, Cristina Díaz-Pache, Margarita Moreira, Nerea Liste e Miriam García, ademais de Aldara Vázquez e Marta Maestro que contarán con ficha do filial.