A lesión de Kevin Presa queda nun susto

Pontevedra
04 de febreiro 2015

A exploración á que foi sometido polo doutor Alberto Domínguez revela que non sofre unha lesión de gravidade e non se descarta a súa presenza ante o Ribadumia, partido no que si estará Adrián Gómez ao quedar sen efecto a súa sanción dun partido

Kevin Presa retírase do campo da Xunqueira tras mancarse no adestramento PontevedraViva

Kevin Presa respira aliviado tras coñecer que a lesión de xeonllo que lle obrigou a pedir o cambio en Abegondo non reviste gravidade.

Así llo revelou o doutor Alberto Domínguez tras sometelo a unha exploración na que descartou calquera tipo de rotura.

O galeno do Pontevedra recomendou o centrocampista que se incorpore este mércores aos adestramentos pero a menor ritmo que os seus compañeiros para ir comprobando como evolucionan as molestias que aínda arrastra na articulación.

En función desa evolución determinarase se está dispoñible para o encontro do domingo en Pasarón ante o Ribadumia.

A SANCIÿN DE ADRIÁN GÿMEZ, SEN EFECTO

O que si poderá xogar finalmente o domingo é Adrián Gómez ao quedar sen efecto a sanción dun partido por acumulación de amoestacións.

A Xuíza ÿnica de Competición estimou as alegacións presentadas polo club granate, que defendía que Adrián non cometera a infracción que lle custou a quinta tarxeta ante o Deportivo B.

Pola contra a Xuíza desestimou o recurso presentado polo Ribadumia no caso de Sidibé, que deberá cumprir un encontro de sanción ante o Pontevedra.