A Milla Urbana de Sanxenxo abre inscrición co obxectivo de superar o medio milleiro de atletas

Sanxenxo
12 de agosto 2018

En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Asímismo, na categoría máis alta haberá premios en metálico, cun total de 1.950 euros a repartir, entre o primeiro e quinto clasificado

XVIII Milla Urbana de Sanxenxo
XVIII Milla Urbana de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Xa está en marcha a XIX edición da Milla Urbana de Sanxenxo, que se celebrará o vindeiro domingo, día 26 de agosto, a partir das 12.00 horas, no Paseo de  Silgar e que se espera volva congregar a centenares de atletas de todas as categorías.

Do mesmo xeito que o ano pasado, a proba está Federada, polo que a inscrición, que será GRATUITA, pero terá que facerse a través da seguinte ligazón:  https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1558/xix-milla-vila-de-sanxenxo. O prazo de inscrición finaliza o venres día 24 ás 23.59 horas.

Os participantes agruparanse en diferentes categorías en función do seu ano de nacemento e a distancia para percorrer irá desde os 400 metros os atletas máis pequenos, os  prebenxamins e benxamins, pasando polos 800 metros, cadetes, infantís e alevíns, ata os 1.609 metros dos senior, veteranos, promesas, junior e xuvenís.

En canto aos premios, o primeiro clasificado recibirá un trofeo e os segundos e terceiros, unha medalla. Así mesmo, na categoría máis alta haberá premios en metálico, cun total de 1.950 euros a repartir, entre o primeiro e quinto clasificado.