A Milla Urbana San Miguel, o regreso dun clásico do atletismo galego

Marín
20 de setembro 2022

Tras dous anos sen celebrarse, a popular proba deportiva organizada polo Club Atletismo San Miguel de Marín regresa a escena con ánimos renovados. Terá lugar o vindeiro sábado 24 de setembro

Presentación da XXIII Milla Urbana de San Miguel
Presentación da XXIII Milla Urbana de San Miguel / Concello de Marín

Tras dous anos sen celebrarse, a Milla Urbana San Miguel de Marín regresa a escena con ánimos renovados.

A popular proba deportiva organizada polo Club Atletismo San Miguel terá lugar o vindeiro sábado 24 de setembro.

Será na que é xa a súa XXIII edición, dando un punto deportivo a unha xornada de celebración en toda a vila.

Como en anteriores edicións todo transcorrerá nun circuíto habilitado na Avenida de Ourense, xunto á Alameda. Alí, a partir das 17.00 horas empezarán a competir os deportistas de categorías base,

Tras eles disputarase ás 18.30 unha carreira de 5.000 metros e a ás 19.10 horas a milla popular federada, antesala do prato forte, coas carreiras elite feminina (19.30 horas) e masculina (19.45 horas).