A Mutilva, cos 18 dispoñibles

Pontevedra
13 de xaneiro 2017

O Pontevedra puxo rumbo este venres a Navarra para enfrontarse ao Multilvera (sábado, 18:15 horas) no seu primeiro desprazamento do ano. Luisito conta coas baixas de Mario Barco e Loureiro nunha xornada que pode resultar clave polos enfrontamentos directos entre os rivais dos granates

Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe
Adestramento do Pontevedra en Príncipe Felipe / Mónica Patxot

O Pontevedra Club de Fútbol puxo rumbo este venres a Navarra tras o último adestramento da semana antes de de enfrontarse a domicilio ao Mutilvera (sábado, 18:15 horas).

Luisito convocou para a cita aos 18 futbolistas dispoñibles do primeiro plantel, polo que só quedaron na cidade de Lérez os lesionados Mario Barco e Iker Alegre e o sancionado Miguel Loureiro.

Precisamente o recambio no lateral dereito será unha das incógnitas ata última hora para o técnico granate, ademais do cambio obrigado na dianteira coa problable entrada no equipo titular de Mateu Ferrer.

O plantel pontevedrés quere sumar un triunfo no seu primeiro desprazamento do ano nunha xornada que interpretan como clave, debido aos enfrontamentos entre rivais directos. De feito, ao enfrontarse Real Racing e Celta B e xogar a Ponferradina no campo do líder Cultural Leonesa, unha vitoria supoñería un importante impulso na táboa.

A complicada siuación na clasificación do cadro navarro, décimo quinto no ano do seu debut na categoría, non descentra o Pontevedra, que chega á cita coa lección aprendida do acontecido ao longo da tempada no campo de Mutilnova. Alí non gañou ningún dos equipos importantes do Grupo I, como Celta B, Real Racing, Ponferradina ou Racing de Ferrol.

A convocatoria de 18 dos granates compóñena: Edu, Santi Canedo, Adrián, Portela, Capi, Bonilla, Bruno, Jacobo Trigo, Abel, Kevin, Jacobo Millán, Mouriño, Álex Fernández, Gonzalo, Álex González, David Añón, Mateu Ferrer e Miki.

O colexiado do encontro será o cántabro Álvaro López Parra.