A natación artística galega retoma a súa actividade en Pontevedra

Pontevedra
02 de novembro 2020

A piscina olímpica de Ponte Muíños foi escenario o pasado sábado 31 de outubro do control de nivel das categorías alevín I e II con participación de clubs de toda Galicia

Control de nivel de natación artística na piscina olímpica de Ponte Muíños
Control de nivel de natación artística na piscina olímpica de Ponte Muíños / Federación Galega de Natación

A piscina olímpica de Ponte Muíños, en Pontevedra, e tamén a do Real Club Náutico de Vigo foron escenario da volta da actividade competitiva na natación artística galega.

No caso de Pontevedra, o Complexo Deportivo Rías  do Sur acolleu un control de nivel das categorías alevín I e II, benxamín e infantil onde participaron clubs de toda Galicia.

Entre os clubs participantes, ademais do Galaico Sincro e Club Sincro Pontevedra, participaron o Real Club Náutico de Vigo, Sincro Ourense, Sporting Club Casino da Coruña e Sincro Ferrol.

Estes controis de nivel supoñen un paso a superar para poder participar nos campionatos de España.

Segundo explicou tras a proba o Galaico Sincro, o club pontevedrés retomou a actividade coas súas categoría de base o pasado mes de xullo, chegando agora o fin a volta á competición tras este control de nivel e o levado a cabo o 24 de outubro en Ferrol.

Os seus próximos obxectivos, recoñecen, serán o Campionato Galego de Rutinas Júnior, a primeira xornada de liga de figuras de nivel e os campionatos de España de rutinas júnior e figuras de categorÍa infantil.