A natación non é cousa de idade en Pontemuiños

Pontevedra
13 de xaneiro 2017

A piscina olímpica de Rías do Sur será escenario durante o fin de semana, os días 14 e 15 de xaneiro, do Campionato Galego Master de Natación, no que se darán cita un total de 416 deportistas

Presentación do Campionato Galego Master de Natación
Presentación do Campionato Galego Master de Natación / PontevedraViva

A piscina olímpica do Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños será escenario durante a fin de semana, os días 14 e 15 de xaneiro, do Campionato Galego Master de Natación.

A cita, para deportistas veteranos a partir dos 25 anos en diante, reunirá na instalación pontevedresa a 416 nadadores de 24 clubs.

O autonómico de natación master vese desde a Federación Galega de Natación como unha oportunidade para "animar a todos los pontevedreses a que se sumen al deporte sano", sinalou o seu presidente, Carlos Touriño, nunha presentación na que tamén estiveron presentes a concelleira de Deportes de Pontevedra, Anxos Riveiro, o presidente do Club Natación Galaico como organizador da proba, Miguel Cano, e o xerente da empresa concesionaria das instalacións.

A competición arrincará cunha xornada de tarde o sábado 14 de xaneiro, de 17:00 a 20:00 horas, mentres o domingo a xornada prolongarase de 10:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 18:00 horas.