A 'nova normalidade' chega ás piscinas de Campolongo

Pontevedra
22 de xuño 2020

A instalación deportiva municipal, unha das máis utilizadas da cidade, reabriu este luns 22 de xuño as súas portas despois de máis de tres meses de inactividade

Reapertura do centro deportivo de Campolongo
Reapertura do centro deportivo de Campolongo / Mónica Patxot

Este luns 22 de xuño trouxo consigo en Pontevedra un paso máis cara á 'nova normalidade', neste caso a nivel deportivo, coa reapertura dunha das instalacións deportivas máis utilizadas polos pontevedreses, o centro deportivo de Campolongo.

Fíxoo máis de tres meses despois do seu peche, debido ao decreto do estado de alarma, xa que a instalación municipal pechou as súas portas o 13 de marzo pola incidencia do coronavirus.

A apertura de centro deportivo é completa no que respecta a as súas zonas deportivas, incluídas as de auga, aínda que baixo un estricto protocolo de seguridade e hixiene que deben cumprir todos os usuarios e profesionais.

Desta forma, segundo anunciou a empresa concesionaria, ademais de establecer un aforo preferente para os maiores de 65 anos, controlarase o aforo das clases a través da app de reserva e esixirase o uso de máscara nas zonas comúns. Tamén é necesario someterse a un control de temperatura á entrada.

Por outra banda habilitáronse puntos de desinfección para o calzado e estacións de desinfección persoal, e se contempla a renovación constante do aire e desinfección dos  filtros, así como a auga da piscina e o material deportivo.

Esta nova normalidade deportiva trae ademais consigo a recomendación de non usar as duchas, aseos e secadores.