A paixón polo automobilismo chega ao Colexio A Florida

Sanxenxo
23 de febreiro 2024

O programa 'FGA nas Aulas' cumpriu coa súa cuarta etapa no centro da localidade de Sanxenxo, onde Jesús Pombo e José Antonio Otero, pilotos da Escudería Congostra Team Sanxenxo, contaron numerosas anécdotas que causaron gran interese entre o alumnado  

Visita de Jesús Pombo e José Antonio Otero ao Colexio Público A Florida
Visita de Jesús Pombo e José Antonio Otero ao Colexio Público A Florida / Federación Galega de Automobilismo

60 alumnos e alumnas do Colexio Público A Florida gozaron este xoves dunha charla moi especial da man de dous participantes habituais nos campionatos autonómicos de automobilismo.

O programa 'FGA nas Aulas' cumpriu coa súa cuarta etapa no centro da localidade de Sanxenxo, onde Jesús Pombo e José Antonio Otero, pilotos da Escudería Congostra Team Sanxenxo, contaron numerosas anécdotas que causaron gran interese entre o alumnado.

Despois da ronda de preguntas, os nenos e nenas observaron de preto o Fórmula Renault de Jesús Pombo e o Skoda Fabia R5 de José Antonio Otero.

Ademáis, os alumnos recibiron as indicacións para participar no concurso de debuxo que fará que un deles sexa o deseñador do Renault Clio Rally5 de Álvaro Castro Laíño e Isidro Rey nunha proba do Campionato Galego de Rallyes.