A permanencia cada vez máis lonxe para o Peixe Galego trala súa derrota en Cáceres (83-67)

Marín
11 de marzo 2017

Quinta derrota consecutiva dos de Marín na Liga LEB Ouro, que co triunfo dos seus rivais directos afúndese na clasificación e está xa a días vitorias da permanencia a sete xornadas para o final da competición  

Jason Cain, no partido entre Peixe Galego e Cáceres
Jason Cain, no partido entre Peixe Galego e Cáceres / Diego Torrado

O soño de lograr a permanencia na Liga LEB Ouro está cada vez máis lonxe para un Peixe Galego que sumou en Cáceres a súa quinta derrota consecutiva. Esta situación, unida a un novo triunfo de Magia Huesca e Barcelona, fai que os de Marín se afundan na última praza da clasificación a dúas vitorias dos seus rivais directos cando só restan sete xornadas.

En Cáceres os de Javi Llorente víronse superados claramente no primeiro cuarto polo seu rival (22-10) e foron a remolque todo o encontro.

Sen Andrés Miso, lesionado, Derksen e Mugica asumiron o mando ofensivo do equipo, que se repuxo no segundo parcial para crer ao descanso que a remontada era posible (35-29).

Con todo tralo intermedio os locais puxeron de novo un ritmo alto en ataque que non puido seguir a defensa peixe, deixando o encontro encarrilado (66-49) antes dos últimos 10 minutos.

Pese á mellora defensiva no parcial definitivo a renda era xa moi elevada e o cadro marinense tívose que resignar coa derrota.

Consulta aquí as estatísticas do Cáceres Patrimonio de la Humanidad-Marín Peixe Galego.