A permanencia do Pontevedra na Segunda B ponse en xogo en Pasarón

Pontevedra
05 de maio 2018

Aos granates só lles vale gañar este domingo (18:00 horas) ante o Unión Adarve na penúltima xornada ligueira, última que afrontan no seu estadio. Luismi avisa que non contemporizará e o seu equipo lanzarase a polo triunfo "desde que pite el árbitro"

David Castro, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón
David Castro, nun adestramento do Pontevedra en Pasarón / Mónica Patxot

Só vale gañar. O Pontevedra Club de Fútbol xoga a tempada este domingo (18:00 horas) no Estadio Municipal de Pasarón ante o Unión Adarve. 

Pase o que pase ante os madrileños o equipo granate chegará con vida á última xornada de liga, pero unha vitoria podería afastar definitivamente, en función dos resultados doutros campos, a pantasma de descenso á Terceira División, e diso é  conciente do primeiro ao último membro do club.

Luismi adianta que os seus non contemporizarán e lanzaranse a por o triunfo "desde que pite el árbitro. Tenemos que jugar en campo contrario, cerca de su área, y tenemos que ser muy muy agresivos, a nivel ofensivo, sin balón... Yo creo que se tiene que ver que nos estamos jugando la vida", sinala o técnico.

Tanto el como os futbolistas móstranse convencidos de que "el campo va a estar lleno" e o apoio da afección pode ser fundamental ante un Unión Adarve que, aínda que salvado, pelexa por clasificarse para a Copa do Rei e que se caracteriza por ser un conxunto " en defensa muy agresivo e intenso" pero que cambia moito a domicilio e "intenta combinar eyasociarse".

No Pontevedra poucas son as sorpresas na convocatoria do equipo, tendo en conta as baixas por sanción de Álex González e Nacho e os problemas físicos de Prosi, Darío Flores e Anxo, o que fai que Luismi meta na lista a todos os dispoñibles, ademais dos xuvenís Juan e Jesús  Barbeito.

Pola súa banda o Adarve contará coa baixa por sanción do atacante Auñón.

O colexiado do encontro será o xixonés Jaime Ruiz Álvarez, de ingrato recordo esta tempada para os pontevedreses ao ter perdido nos dous encontros que cruzaron os seus camiños, ante Celta B (2-1) e Fabril (1-0) a domicilio.