A repercusión do gran triunfo de Antía Otero e Antía Jácome na Copa do Mundo Sprint de piragüismo celebrada en Szeged, Hungría, segue coleando.
As padexeiras da Escuela de Piragüismo Ciudad de Pontevedra colocáronse por méritos propios como unha das tripulacións para seguir a nivel nacional e internacional a menos dun ano para os Xogos Olímpicos.
Así, os ecos deste resultado provocaron primeiro unha recepción en Pontevedra que agora tivo continuidade en Marín para felicitala e regalarlle unha bandeira da súa vila natal.
Antía Otero foi recibida este mércores pola alcaldesa da localidade, María Ramallo, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba, quen celebrou a "súa fazaña deportiva e o prolífico futuro que lle espera".
Nuns días a deportista e a súa compañeira na canoa dobre, Antía Jácome, volverán a Sevilla para centrarse na preparación do seu próximo gran obxectivo, o campionato preolímpico na que se decidirán as últimas prazas para estar o próximo ano en Tokyo.