Fin de semana de competición na pista de piragüismo David Cal Pontillón do Castro de Verducido, escenario dun concorrido Campionato Galego de Pista.
Ata 650 deportistas de 35 clubs daranse cita nun evento que arrincará ás 10:00 horas do sábado cunha xornada intensiva que se prolongará ata ben entrada a tarde. Pola súa banda o domingo, desde as 9:55 horas, disputaranse as últimas finais, só en horario de mañá.
As probas do campionato disputaranse para as categorías xuvenil e senior sonre as distancias de 1.000 e 200 metros para os homes e de 500 e 200 metros para as mulleres.
A competición, na que se reunirán os mellores padexeiros galegos, é puntuable para a liga autonómica, na que a falta de sete probas é líder o Club Piragüismo Vilaboa na categoría masculina con 517 puntos, os mesmos que o Club de Mar Ría de Aldán, líder na categoría feminina.
Consulta aquí o horario e a orde de saída de cada unha das probas.