A final da Copa da Raíña terá acento pontevedrés desde unha das bandas grazas á asistente Iria Rosendo.
A colexiada do Comité Técnico de Árbitros (CTA) de Pontevedra foi designada dentro do equipo arbitral que dirixirá o vindeiro sábado 18 de maio o partido polo título de Copa entre o FC Barcelona e a Real Sociedad, que se disputará no estadio zaragozano da Romareda.
Rosendo será unha das asistentes da tamén galega María Eugenia Gil Soriano, dependente do CTA da Coruña pero tamén con vinculación coa Boa Vila, debido a que como atleta defendeu as cores da Sociedad Gimnástica. Pola súa banda a outra asistente será a madrileña Andrada Aloman, a cuarta colexiada a murciana María Planes Terol e a quinta a madrileña Elena Contreras Patiño.
Completa o equipo arbitral da final, como encargada de supervisar a videoarbitraxe, a asturiana Judit Romano García.
Todo un premio para Iria Rosendo na que é a súa quinta tempada arbitrando na máxima categoría do fútbol feminino nacional.
ÁRBITRAS | María Eugenia Gil Soriano dirigirá la final de la #CopaDeLaReina con Elisabeth Calvo Valentín como VAR.
— RFEF (@rfef) May 15, 2024
El partido entre @FCBfemeni y @RealSociedadFEM se disputará el próximo sábado.
Designaciones completas: https://t.co/hrKzzwwXIw#ArbitrajeRFEF | @CTARFEF pic.twitter.com/eKlY8sCWuf