A preparación olímpica da nadadora Beatriz Gómez Cortés estará patrocinada polo Concello de Pontevedra. A deportista pontevedresa, que malia ter a posibilidade de irse a adestrar fóra da cidade quedouse finalmente na estrutura do Club Natación Galaico, asinará un contrato de patrocinio publicitario co concello capitalino. Serán 14.520 euros anuais ata 2016.
O acordo, que se estenderá pois durante tres anos, enmárcase nun programa de promoción a deportistas de élite que compitan nas Olimpíadas, segundo sinalou este luns Raimundo González, portavoz do goberno municipal. Trátase dunha liña de axudas para aqueles que residen ou adestran en Pontevedra e que non contan con patrocinadores específicos, como é o caso de David Cal ou Javier Gómez Noya.
ÿ o mesmo contrato de patrocinio publicitario que se asinou no seu día co nadador paralímpico Pablo Cimadevila, o único antecedente que existía ata a data. Non se descarta que se poidan asinar acordos similares con outros deportistas con proxección olímpica.