A liña defensiva converteuse nun problema para Luismi pensando desprazamento da fin de semana ás Illas Canarias para enfrontarse ao filial da UD Las Palmas (domingo, 12:00 horas na Península).
Á baixa de Churre por sanción, o técnico do Pontevedra debe sumar a incógnita que rodea ao seu compañeiro habitual no centro da zaga, Adrián León, que finalizou o choque ante o Unión Adarve con molestias musculares.
Eses problemas fixéronlle comezar a semana a menor ritmo que os seus compañeiros, e tras a xornada de descanso a situación non variou. "Adrián va a estar ahí, en el aire", recoñece Luismi, confiando a pesar de todo nunha boa evolución que permita a súa entrada na convocatoria.
Ao que si dá por perdido con total seguridade para esta semana é a Kevin Presa, que se recupera dunha rotura de fibras.
AS CONTAS "SIGUEN SALIENDO"
Aínda que a derrota en Madrid supuxo "un palo", asegura Luismi, o adestrador granate resta dramatismo a este resultado confiando en que se tratase simplemente de "un mal día" e céntrase nas tres xornadas que restan.
"Las cuentas siguen saliendo, estamos ahí, una jornada menos y todo abierto, yo creo que hasta la última jornada no se va a decidir", sinalou.
Para tentar evitar que o equipo repita erros nas Palmas, un duelo que volverá xogarse sobre céspede artificial e en horario matinal, o corpo técnico decidiu esta semana variar a dinámica de traballo, cun campo máis parecido ao que se atoparán en Canarias (adestraron o mércores en Zacande) e atrasando o horario dos adestramentos para buscar unhas condicións similares ás que se esperan o domingo.