A Raña reunirá 220 parellas no Marín Atlantic Open de baile deportivo

Marín
16 de abril 2015

A competición contará con probas puntuables para o ranking da Word Dance Sport Federation (WDSF), o que provocará un alto nivel de participación e a presenza de parellas de diferentes puntos de España e Europa

Presentación do Marín Atlantic Open de baile deportivo
Presentación do Marín Atlantic Open de baile deportivo / Concello de Marín

O Pavillón Municipal da Raña acollerá por quinto ano o Trofeo Concello de Marín de baile deportivo, denominado nesta ocasión tamén como Marín Atlantic Open.

Un total de 220 parellas de diversos puntos de España e Europa participarán este domingo 19 de abril nas diferentes competicións previstas, entre as que destaca as puntuables para o ranking mundial da World Dance Sport Federation (WDSF).

Esta catalogación eleva o nivel da cita, na que estarán os pontevedreses Patricia Martínez e Adrián Esperón, actuais campións de España de 10 Bailes, e parellas como os italianos Simone Carabellese e Lucía Cafagna ou os búlgaros Davide De Paoli e María Delitoneva.

Completa a programación unha proba puntuable para o ranking nacional e o Campionato Galego de Bailes Latinos.

O evento, organizado pola Escola de Baile Pasos, foi presentada este venres no Concello de Marín coa presenza do concelleiro de Deportes, Antonio Traba, e a deputada provincial Begoña Estévez.