A SCD Salcedo presume da saúde da súa canteira

Pontevedra
31 de xaneiro 2024

A entidade deportiva, unha das de maior tradición na comarca, presentou o pasado sábado 27 de xaneiro aos 14 equipos cos que compite na presente tempada

Presentación de equipos da SCD Salcedo 23/24
Presentación de equipos da SCD Salcedo 23/24 / SCD Salcedo

Fundada en 1947 a SCD Salcedo é unha das entidades deportivas de maior tradición na comarca, e ano tras ano seguen a pelexar para manter a boa saúde da súa canteira.

Fano a pesar das dificultades de non contar cun campo propio na súa parroquia, instalación coa que esperan contar a próxima tempada tras anos de espera. Con ela poñerase fin ao sobreesforzo que supón ter que repartirse entre varios campos, e é que este curso o Salcedo utiliza as instaciones de Santomé en Marín, de Figueirido en Vilaboa e tamén os campos de Príncipe Felipe e A Xunqueira en Pontevedra.

Nada frea con todo o club, que o pasado sábado 27 de xaneiro presentou os 14 equipos cos que compite esta tempada, e nos que están involucrados 260 xogadores e xogadoras.

A novidade este ano foi ademais a recuperación do seu equipo sénior feminino, así como o de categoría benxamín.

O Salcedo ademais pode presumir de contar con Escola Deportiva Municipal e de competir en fútbol sala, fútbol 8 e fútbol 11. Todo cunha saúde de ferro coa que promete aínda dar moita guerra no futuro.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora